Catro portadas
Catro títulos
Catro autores
Catro etiquetas
Estes foron os primeiros pasos para atopar o libro indicado nos andeis da nosa Biblioteca.
Repartimos os doce alumnos en catro equipos de tres alumnos cada un.
A cada equipo entregóuselle unha carpeta coa imaxe da portada do libro sobre o que lle tocaba buscar información: "El perro de los Baskerville", "El fantasma de Canterville", El hombre invisible" y Frankenstein o El moderno Prometeo"
Unha vez que obtiñan desa portada o título, o autor, deberían saber a etiqueta que lle correspondía para poder localizar o libro.
Unha vez localizado o libro, extraían a seguinte información: época e lugar de nacemento do autor ou autora, outra obra escrita por el ou ela e argumento do libro. Ademais deberían incluír o título en galego, unha imaxe do autor ou autora, seleccionar entre os dados, un fragmento que se correspondes co libro en cuestión e a carátula da película levada ao cine da mesma obra.
En total, dez pistas recollidas xunto co libro nunha carpeta que tiveron que entregar para demostrar que superaran a proba...
Podes ver as dez pistas en cada portada
Unha actividade con éxito, dinámica, rápida e cremos que moi efectiva!!
Haberá que seguir preparando para este curso algunha máis, non si?
Preme na imaxe para ver todas as pistas |
Preme na imaxe para ver todas as pistas |
Preme na imaxe para ver todas as pistas |
Ningún comentario:
Publicar un comentario