martes, 24 de outubro de 2017

!QUE VIENE EL LOBO!



Este é o recordo que Paula López Mella repartiu no contacontos: "¡Que viene el lobo!" Paula fixo dúas sesións; onte, unha na clase de Infantil, e outra, aberta a todos os compañeiros do cole, hoxe na Hora do recreo. É a historia dun lobo un pouco inquedo que se move polo libro cando o inclinas; incluso se o axitas está a piques de caer, pero, NON! Este lobo consegue sempre que o conto volva comezar e non perder de todo o equilibrio... 
Unha historia creada por Ramadier e Bourgeau e editada por Lóguez
Agora, as imaxes, queredes velas? Pois premede nestas catro de abaixo...
https://photos.app.goo.gl/2neccuTGfxJIxeBr1
 GRAZAS, PAULA! ESTE CONTO MOLOU!
VAI ESCOLLENDO OUTRO. ESPERÁMOSTE!

Ningún comentario: