Preme na imaxe para ver todas as fotos da sesión |
Como vén sendo habitual nos últimos anos, hoxe tivemos a visita dun grupo de ASPANEPS, que traballaron cos cursos de 5º e 6º, para dar difusión á campaña "PONTE NO MEU LUGAR", coa que se pretende sensibilizar ao alumnado sobre a discapacidade.
Unha semana antes recibimos os carteis que encheron os espazos da entrada e corredores, e uns vídeos para ir traballando previamente.
E hoxe, houbo momentos de escoita e diálogo ao comezo; de actividade, con cadeiras de rodas, antifaces e un kit de simulación, que vedes na imaxe, para comprender a sensación de perda de visión, audición, tacto, mobilidade... ; e de reflexión e resposta, xa na aula. Sen esquecer unha chapa e unha libretiña para cada participante, a lectura do poema de Sheila ( e os PARABÉNS polo seu aniversario ; ), e un diploma de participación para a clase, cos que remataron a súa visita.
Agradecemos e valoramos moito que cada ano nos fagan pensar en todas as barreiras que levantamos, e en todas as que non derrubamos para facer unha vida máis xusta para todos!
Grazas a Miguel, Iván, Sheila e Ramiro,
e a Sabela e a Xavier,
por compartir con nós esta mañá.
Ata sempre!!
* VISITA NO 2015
* VISITA DO ANO PASADO
* ASPANEPS. 2010. VISITA Á FEIRA DO LIBRO. OBRADOIRO DE ENCADERNACIÓN.
Ningún comentario:
Publicar un comentario