Despois dunha longa e produtiva mañá, tentaremos resumir todas as actividades que fixemos dende primeira hora ata a saída. Se ides premendo en cada imaxe poderedes acceder aos álbumes completos e ver todas, todas as fotos da xornada!
Como vos anunciabamos onte, hoxe, na HORA DE LER, Azahara contou "O noso Samaín", na BIBLIOTECA.
"O NOSO SAMAÍN, non o Halloween…esa é a premisa que moveu a Loretta
Birott e á Editorial Galaxia a apostar por este fermoso álbum ilustrado
por Nuria Valdeón: explicarlle ás nenas e nenos de Galicia a fecunda
tradición galega relacionada co nacemento do outono e crenzas que veñen
de hai moitísimos séculos, tantos como ten o noso pobo milenario.
Para a autora é crucial, e a editorial comparte, que a cativada galega saiba que a tradición dos calacús e do contacto entre os mortos e os vivos é, tamén, galega, que se chama Samaín e que leva celebrándose no País, dende sempre. Unha xeitosa maneira de achegarse a esta tradición nun relato sinxelo, poético e cargado de historias."
Para a autora é crucial, e a editorial comparte, que a cativada galega saiba que a tradición dos calacús e do contacto entre os mortos e os vivos é, tamén, galega, que se chama Samaín e que leva celebrándose no País, dende sempre. Unha xeitosa maneira de achegarse a esta tradición nun relato sinxelo, poético e cargado de historias."
![]() |
FOTOS DA SESIÓN DO CONTACONTOS: O NOSO SAMAÍN |
Repartidos en grupos, os nenos e nenas foron rotando por
tres obradoiros: Fixeron colares de zonchos, elaboraron cucuruchos de
papel para coller as castañas asadas, e xogaron no patio nun obradoiro
de xogos populares coa castaña como protagonista.
![]() |
PREME PARA VER TODAS AS FOTOS DOS OBRADOIROS |
Despois dos obradoiros e un pouco de recreo, continuamos co desfile de cabazas. Vaia cabazas que houbo este curso!
Grazas ás familias polo traballo ben feito; un verdadeiro derroche de imaxinación e creatividade!
![]() |
SE PREMES NA IMAXE FANTASMAGÓRICA, VERÁS OUTRAS FOTOS DO DESFILE! |
A continuación demos paso á lectura dos CONTOS DE MEDO. Escoitamos cinco contos colectivos, cos que faremos o libro dos Contos de Medo deste ano; e outro individual, de Paula López Mella. Gaia Somaza Nieto ten preparado outro para o luns, haberá que esperar...
Un destes días -estade atentos- publicaremos os contos e poderedes ver que grandes traballos saíron este curso das aulas. De momento, teredes que conformarvos coas fotos, que non están nada mal!
![]() |
TODAS, TODIÑAS TODAS AS FOTOS, SE PREMES NA IMAXE! |
Logo de ler os contos, por suposto que necesitabamos repoñer forzas, así que tocou MAGOSTO!
![]() |
ÑAM ÑAM!! XA SABES, SE PREMES NA FOTO, VERÁS TODAS AS CASTAÑAS QUE COMEMOS |
E, por último, FOTOOOOO!!!
A SANTA COMPAÑA visitounos
e non tivemos máis remedio que retratala!!!!
Moitas veces...
![]() |
AUUUUUUUH!! |
Ningún comentario:
Publicar un comentario