mércores, 20 de decembro de 2017

EXPOSICIÓN DE 1º E 2º - PROXECTO DO CORPO HUMANO-

https://photos.app.goo.gl/J2wg7G0LfrSpd4V13
INTERESANTES FOTOS SE PREMEDES NESTA IMAXE. ESTADES AVISADOS!

TRABALLO POR PROXECTOS
Este é o resultado do proxecto levado a cabo en 1º e 2º, neste primeiro trimestre, sobre o CORPO HUMANO.
Hoxe, na sala de audiovisuais, fixeron unha coidada exposición dos coñecementos adquiridos. Falaron de todos os sistemas e aparellos e amosaron o funcionamento dalgún deles dunha forma moi visual e lúdica. 
Invitaron aos seus compañeiros e compañeiras das outras clases, e a todos os pais e nais que puidesen asistir. Xuntos pasamos un tempo moi agradable escoitándoos, e eles e elas fixérono moi ben; era a súa primeira exposición e parecían uns profesionais! Como será a seguinte?
 
NORABOA A TODOS E TODAS POLA MAGNÍFICA SESIÓN COA QUE NOS AGASALLASTES.
FIXÉSTELO FENOMENAL!! 


Ningún comentario: