miércoles, 25 de abril de 2018

Eu conto, ti cantas, de Mª VICTORIA MORENO. Un contacontos de IAGO, Xerais

https://photos.app.goo.gl/fz2b1DpBYj9KgJXK9
Rematamos o día con Iago
Como vedes foi un día moi frutoso: contacontos no recreo de Aroa e Jimena, e a última hora visitounos Iago, que un curso máis, grazas a Xerais, tivemos a oportunidade de escoitar. Desta vez traía un dos últimos libros de Mª Victoria Moreno, a escritora homenaxeada das Letras Galegas deste ano; a cuarta muller en toda a historia das Letras Galegas, pero iso é capítula á parte que veremos dentro duns días.

Moitas grazas por esta actividade que nos puxo en contacto cun dos seus libros. 
E, ATA SEMPRE!
Se queredes coñecer a Mª Victoria Moreno da man, entre outros,  de Marilar Aleixandre, Fina Casalderrey, Ánxela Gracián, Xesús Rábade, Xosé A. Neira Cruz e Xavier Senín ou Manolo Uhía, un dos seus ilustradores, vede o vídeo do CPI dos Dices, Rois, a continuación.

No hay comentarios: