venres, 6 de abril de 2018

GAMIFICACIÓN: ESCAPE ROOM - O UNIVERSO



O pasado venres 23, antes das vacacións, a profe de 1º e 2º, Kelly,  fixo unha actividade moi interesante como remate do Proxecto O Universo. A continuación está detallada a explicación do desenvolvemento da mesma; podédelo ver se abrides o Issuu. Tratouse dunha sesión de "Escape Room". Repetiu a experiencia co resto dos grupos, e, nas imaxes poderedes ver os resultados, e facervos unha idea do ben que o pasaron poñendo a proba os seus coñecementos. O traballo por equipos foi fundamental para conseguir chegar ao final; unha vez máis o traballo colaborativo como suma de esforzos, coñecementos e habilidades!
Profe Kelly, grazas por compartir e FELICIDADES!
https://photos.app.goo.gl/uQyCs3y9EMpMH3lz2https://photos.app.goo.gl/yy5HGD7Gtj3k23qr2
https://photos.app.goo.gl/rqTExRqLnar06DXN2
Por certo, o premio dentro da última caixa era o MARCAPÁXINAS DO CONCURSO DE MICRORRELATO. O PRAZO ACABA ESTE DOMINGO, POLO QUE ONSIDERAREMOS COMO BOS AQUELES TRABALLOS ENTREGADOS O LUNS A PRIMEIRA HORA!! 
ESTADES A TEMPO DE PARTICIPAR!

Ningún comentario: