sábado, 23 de xuño de 2018

FIN DE CURSO NA PRAIA

https://photos.app.goo.gl/PHtkFfpCMZ5QqwUq5
Este curso decidimos cambiar a forma de despedírmonos, e pensamos que unha xornada de convivencia na praia podería ser unha boa idea. Pasamos un día feliz coas familias que se puideron achegar, e gozamos da auga e do parque de Ares. A ANPA mimounos unha vez máis cos postres e coa súa colaboración. MOITAS GRAZAS DE NOVO
Houbo momentos de bromas, de partidos na area, de xogos no parque, de merenda e de despedidas, pero desta vez a cámara quedou no cole, así que temos unhas fermosas fotos que nos cedeu Rebeca del Río (Mirada de Madrina), a mamá de Érica. Mirada de Madrina tamén en Instagram. En Facebook. Ou en Pinterest
Máis fotos, estas da praia tiradas polas profes!





  
E AGORA SI DESPEDÍMONOS.
FELICES LECTURAS E
FELIZ VERÁN A TODAS AS FAMILIAS.
ATA A VOLTA!
PARA O VINDEIRO CURSO, MOITO MÁIS!

Ningún comentario: