domingo, 16 de decembro de 2018

VISITA DE ASPANEPS

https://photos.app.goo.gl/ZebrrCX8UBVDyMC66
Como en cursos anteriores, este venres tivemos a esperada visita da Asociación ASPANEPS.  Unha vez máis fixeron un traballo moi importante de concienciación co alumnado de 5º e 6º, achegando a Campaña Ponte no meu lugar aos nenos e nenas maiores do centro.  
Despois dunha longa charla entre todos, fixemos un percorrido polo centro onde puidemos detectar moitos puntos problemáticos de accesibilidade. Pouco a pouco esperamos ter un centro onde non haxa ningunha barreira arquitectónica, nin cultural ou social que dificulten o acceso ás persoas con certas discapacidades físicas ou intelectuais; nin que poidan discriminar ás persoas pola súa idade, diferenzas de calquera tipo ou condicións funcionais... Cremos que, por fin, comprendemos que todos e todas somos diferentes e que cada un de nós ten unhas capacidades distintas das dos demais que deben ser respectadas.  

Os compañeiros de ASPANEPS hoxe cumpriron a promesa e volveron ao cole para recoller os carteis, levarnos unhas libretiñas de recordo e rematar a actividade, lendo o slogan que cada un preparou esta fin de semana. Bueno, houbo quen traballou arreo e preparou un montón deles. 
Ao rematarmos a sesión, Pablo entregounos o DIPLOMA DE PARTICIPACIÓN. Esperamos ser merecedores dese diploma e mellorar cada día sensibilizándonos con todo o que levamos aprendido con eles e elas estes anos.

Se premedes na imaxe do principio, poderedes ver as imaxes dos dous días.
 
GRAZAS, RAMIRO, MIGUEL E XAVIER POLA VOSA VISITA E POLA VOSA AXUDA.
O LUNS ESPERÁMOSVOS PARA CONTINUAR O TRABALLO!

Ningún comentario: