mércores, 13 de marzo de 2019

AQUACIENCIA E TERRAS DE SALITRE: Unha mañá moi proveitosa!

https://photos.app.goo.gl/Kn6orivBKnRpUE4h8

Esta mañá saímos de excursión e fixemos varias visitas. Aínda que o obxectivo principal era a Exposición de Cristina Mittermeier: Terras de salitre, na Fundación ABANCA, os maiores aproveitamos o tempo da visita dos máis peques para ir ata o Parque Raíña Sofía e alí pasarnos por AQUACIENCIA
Na fotos veredes un pouco de todo porque conseguimos estirar o tempo para facer moitas e interesantes cousas: Un percorrido por Ferrol, pasando pola Praza de Armas e pola de Amboage, a visita ao Parque onde fixemos unha pequena parada diante da Fonte Wallace, unha fonte do século XIX, de estilo romántico. (Fontes semellantes atópanse en París, Irlanda, Rotterdam, Brasil ou Barcelona. A fonte fue adquirida en París no 1889 polo comerciante ferrolán Juan Romero Rodríguez, pola cantidad de 1.000 reais.), a visita a Aquaciencia e, por último, a exposición en ABANCA e o obradoiro de reciclaxe. A que non se pode pedir máis? Pois si!, que non nos chovese, e iso tamén o conseguimos!!! Tachán!!
E coma os pequenos gozaron tamén dunha boa merenda no Cantón de Molíns, día CHAPÓ!

Ningún comentario: