venres, 5 de abril de 2019

DESDE O CORAZÓN DA MAZÁ. Primeiras probas




Iria Aullón escribiu este diálogo despois de ler o Caderno 1 de Desde o corazón da mazá, o fermoso libro de Xoán Farias. Pediulles colaboración a Martín Tominaga (o alcalde), Álex Martínez (o boticario), Diego Souto (o cura), Laura Bra (Benxamín) e María Coello (o médico) para que lle axudasen a grabar este audio; Iria é o mestre novo. Como veredes, están discutindo sobre que estatua colocar no pedestal da praza.

Desta forma pretendemos dinamizar a lectura deste libro. Que vos parece? Tan pronto teñamos todos os cadernos preparados, enlazarémolos co propio libro, e así, cando o collades na Biblioteca, poderedes, a través dunha tablet, escoitar todos os podcast que grabemos. Isto acaba de comezar!

Ningún comentario: