O de antonte resultou ser un día moi completo. Logo dos obradoiros con Leandro Lamas, invitamos ás familias, e con elas gozamos da compañia do grupo de baile tradicional galego, Areas do Mar de Ares.
Foi un pracer velos, escoitalos e compartir con eles a música e os bailes. Agradecémoslles á profe Rosa e ao resto do grupo a súa xenerosidade, e contamos con eles sempre que queiran repetir experiencia no noso cole. Damos fe de que a mañá de onte non a van esquecer con facilidade, e é que olvidamos encargar un "aire acondicionado para exteriores" ; ) Sentímolo!!
MOITAS GRAZAS E ATA SEMPRE
Ningún comentario:
Publicar un comentario