Esta mañá gozamos dunha interesante visita ao Centro de Interpretación do Caldoval. Xa había tempo que desexabamos coñecer as Termas romanas, que como moitos saberedes, se atopan en Mugardos.
Dividímonos en dous grupos e, mentres os pequenos participaban dun obradoiro de debuxo, nós fixemos o percorrido polo museo e as termas. Logo cambiamos os papeis. O noso obradoiro foi de orfebrería. Escollemos entre facer aneis ou pulseiras. Foi doado facelos grazas á monitora que nos explicou e axudou. E os profes tamén, eh? Estivo moi ben. Para repetir!!
A visita gustounos moito. É moi didáctica e tivemos a sorte de contar cunha guía que nos soubo explicar cada detalle dunha forma moi sinxela e amena.
Se non as coñecedes, recomendámosvos a visita. Seguro que non vos defraudará!
Ningún comentario:
Publicar un comentario