venres, 20 de decembro de 2019

Visita de Papa Noel

A verdade é que foi unha mañá de emocións, pois comezamos o día coa chegada da maleta de Chispa, pero continuamos coa visita de Papa Noel ao cole desde o mismiño Círculo Polar Ártico.


Viña cun saco cheo de agasallos que repartiu por todas as clases. Parouse a falar con cada un de nós e a deixarnos un sorriso nos beizos co seu HO, HO, HO!!! 

Pincha na imaxe a continuación para ver todas as fotos.

Dámoslle as grazas a Rebeca del Río polas fotos, e tamén á nosa ANPA, por facer posible que Papa Noel se achegara ata o cole antes da Noiteboa, con todo o traballo que tiña por diante. Grazas.

Ningún comentario: