martes, 14 de xaneiro de 2020

Contacontos na biblio: Icía, María e Jaasiel contan "El fantasma Fran"

Estas rapazas xa son todas unhas expertas contadoras de historias, tanto, que xa non lles chega contarnos os contos que escollen senón que nos preparan unha posta en escena que non pode deixar indiferente a ninguén.

Tan ben o fan, que quixemos que as escoitara e vira en acción todo o cole, por iso, decidimos convidalas a facer a súa sesión de contacontos na "hora de ler", eses 20 minutiños que temos de lectura colectiva diariamente. E así foi, xuntámonos todos e todas na Biblioteca para escoitalas.


Desta volta escolleron "El fantasma Fran", un fermoso álbum ilustrado que trata sobre a importancia de ser amable para ter amigos. Unha historia dunha pantasma que non sabía dar medo e que foi á escola para aprender.

Grazas por contarnos esta terna historia e por supostísmo, agardamos ansiosos que voltedes pola biblio a contarnos outra historia máis. Bravo por elas!






Ningún comentario: