martes, 11 de febreiro de 2020

E así foi o noso encontro con Xerezade Ansedes

E como xa anunciabamos a semana pasada, tivemos a honra de celebrar o primeiro faladoiro literario na Biblioteca Xoán Farias, nada máis e nada menos cunha autora moi especial para nós.

Trátase de Xerezade Ansedes, quen fora alumna do noso colexio, que acaba de publicar o seu primeiro libro en Platero Editorial: Traición, a primeira parte da saga "Guardiana".



Entrevistada polo alumnado de 5º e 6º de Primaria confesou de onde nace o seu amor pola literatura e contounos mil anécdotas moitos segredos do mundo dos escritores e das editoriais.

Asinou os seus libros a profes e alumnos e non puido marchar sen deixarnos unha pegada no "libro de visitas" da nosa Biblioteca.


Grazas Xere, por recordar con tanto cariño o teu colexio, ás túas mestras e, como non! ... a túa primeira biblioteca.



Ningún comentario: