luns, 2 de marzo de 2020

Novos membros do Equipo da Biblioteca


A verdade é que este curso toda colaboración faise pouca, por iso decidimos ampliar o Equipo de Colaboradores da Biblioteca co alumnado de 4º de Primaria. Bon, por iso e porque o estaban desexando, así que estas cousas hai que aproveitalas!!!

Así que hoxe no recreo tivemos unha reunión na que asinaron o seu compromiso como membros do Equipo da Biblioteca e explicóuselles polo miúdo o funcionamento da nosa biblioteca desde o punto de vista organizativo e cales serán as súas funcións como membros do Equipo Biblio. E bon, tamén contámoslles os seus privilexios, pero iso é un segredo entre eles e Chispa e non poderedes saber deles ata que formedes parte do Equipo de Biblio.


Benvidos Ezequiel e Irene de 5º de Primaria e Samuel, Elías, Alisson, Jaasiel, Aitana, Ari e Mateo de 4º.



Ningún comentario: