venres, 22 de maio de 2020

Bótalle un ollo aos últimos PAPAGAIOS

Seguro que máis dunha vez ollaches algún exemplar na biblio ou na hora de ler nas aulas. O PAPAGAIO é un xornal para a xente miúda, impreso en papel reciclado e a cor. Non contén publicidade, ten periodicidade mensual, e ao longo das 12 páxinas que o compoñen trata temas de ciencia, ecoloxía, arquitectura, banda deseñada, literatura... E ademáis, en galego. Pódese pedir algo máis? Pois si! Moitos, moitísimos lectores. Así que xa sabes.... Ataca!

Se premes nesta imaxe accederás aos últimos números publicados.


Ningún comentario: