mércores, 30 de setembro de 2020

E chegou a maxia de Chispa ao cole

Por fin! Canto tempo sen escoitar novas da nosa meiga. Despois do recreo... Chis, chis, plof, plof! Chis, chis, plof, plof! Coma sempre, a nosa Chispa saiu moi apresurada para que non a víramos, perdeu un zapato na fuxida e ata deixou esquecida a vasoira nas escaleiras... 

E como este ano xa sabía que non íamos poder xuntarnos todas as aulas na Biblioteca, desta volta non deixou unha maleta chea de libros... senon CATRO!!!

AZUL para os pequesPazos, VERMELLA para @s rebuldeir@s, VERDE para os Tritóns e AMARELA para os de QSU (Quinto e Sexto Unidos 😏)... Pero que ollo ten esta Chispa, coma as etiquetas de nivel lector na nosa Biblio. Casualidade? Non creo... Esta Chispa está en todo!!!

E claro, chegaron as maletas de Chispa e con elas tamén chegou a maxia: As cartas, cheas de palabras agarimosas; Os libros, escollidos con moito mimo para cada aula; Os premios dos retos confinados, para os gañadores e para os participantes; e por suposto, un detalliño para este comezo de curso enmascarado. 

Carta para os pequesPazos
Carta para Rebuldeir@s


Carta para os Tritóns

Carta para os QSU




























Estas maletas viñan cargadas de todo, pero sobre todo de ilusión e de esperanza. Da certeza de que Chispa vai seguir visitándonos para encher os nosos andeis de libros repletos de historias e cousas que aprender e descubrir, traendo a maxia á nosa Biblioteca, para facelo así todo posible.

(Se queres ver máis fotos, preme nesta imaxe)


E aquí tedes un vídeo curtiño de cómo foi a chegada da maleta na aula dos máis pequenos do cole. 
As súas cariñas o din todo 💖


Chis, chis, plof, plof!


Ningún comentario: