venres, 23 de abril de 2021

Día do Libro... con libros e máis 🍎




Unha vez máis o cole encheuse de maxia e emoción entorno a esta sorpresa inesperada que nos deu Chispa polo Día do Libro.
Non podía deixar a ocasión de pasarse para agasallarnos cun montón de novidades. 

Catro bolsas penduradas das portas de cada clase repletas de libros, libros e máis libros. Pero a nosa meiga amiga deixou ademáis a súa habitual carta, na que sempre anda a argallar algo co seu Chis, chis, plof, plof! Desta volta pediunos que grabásemos en vídeo recomendacións lectoras, para continuar coa proposta dos "Booktubers". 
 

E ata deixou algún libro de agasallo nalgún curso!

Así que aproveitamos a ocasión para facer unha recompilación das vídeo-recomendacións lectoras feitas no curso pasado durante o confinamento para animarnos a continuar coa saga. 

Enchamos o blog de recomendacións lectoras feitas co corazón ❤️

E coma sempre, preme en calquera das fotos desta entrada para acceder ao album completo.

Ningún comentario: