mércores, 7 de abril de 2021

Visita virtual ao Museo de Historia Natural

Hoxe, ás 10:30h os nenos e nenas de 5ºe 6º tiveron unha interesante cita con Pablo Torrella, quen nos acompañou nun percorrido virtual polo Museo de Historia Natural, da SGHN que se encontra na nosa cidade. 

Algúns de nós xa coñeciamos ese museo porque fóramos co cole nalgunha ocasión ou de xeito particular, pero esta foi a primeira vez que fixemos a visita virtual e, a verdade é que molou moito.

O tema que solicitamos foi o das quenllas, cetáceos e animais do mundo submarino abisal, e vaia datos curiosos que aprendemos!!

  • Sabiades que o peixe lúa quenta o seu sangue sacudindo as agallas para baixar ás augas máis profundas?
  • Sabiades que a quenlla trasno pode chegar aos 500 ou 1000m de profundidade?
  • Que algunha quenlla vive ata 400 anos e que non está lista para se reproducir ata cumprir os 150!!!!?

  • Que as luras xigantes viven a grandísimas profundidades? Ata 2 ou 3 km, e os cachalotes, que se alimentan de luras tamén son quen de adentrarse tantos e tantos metros!

Na visita vimos a lura que está no museo e o esqueleto da balea, que é impresionante, 18m!!!

E, ademais de todo isto, tamén houbo un tempo para nos recordar a importancia de coidar os nosos océanos. Falounos daquela marea de parruliños de goma que viaxaran polo mar anos e anos... Lembrades?

Parruliño novo vs parruliño tras 15 anos no océano.

Para os que non recorden a historia, velaquí algúns enlaces de interese:

”Aparición nas costas británicas o 14 de xullo de 2007... cando caeron ao mar en 1992! En total percorreron 27.000 kilómetros!”

O simulador da viaxe

En fin, recomendámosvos que, virtual ou presencialmente, non deixedes de facer a visita porque paga a pena descubrir a natureza que forma parte do noso planeta.

Ningún comentario: