Apareceu unha nova carta da toupa! Faríanos caso? Deixaría de comer as cousas que non debe? E o máis importante... Deixaríanos o mapa???
Pois si, non só deixou un mapa... Senón dous!!! un do cole e outro do seu tobo. Así que xa temos plan para estes días, porque interpretalos vainos levar o seu tempo.
Pero é que ademáis dos mapas... a toupa deixounos tamén un agasallo un tanto inesperado á hora do recreo. Glups! Creo que a "cámara do cole" colleuna en acción. Deixámosvos este vídeo para que vexades a que nos montou no corredor das aulas...
Pero será... porcona! Menuda TOPO-caca xigantesca que deixou no corredor!
Pola nosa parte, xa comenzamos a traballar cos mapas! Os peques están en plena construcción do edificio do cole. A vindeira semana continuarán co exterior e a ver o que vai xurdindo...
Por outra banda, @s rebuldeir@s de 1º de Primaria comezaron coa súa recreación do tobo da toupa. Case, case é como un parque de atraccións!
Que sairá de todo isto? Prometemos tervos informados!
Pero isto é comezo de algo moooooi grande.
E como sempre, se queredes ver máis fotos, premede en calquera das de esta entrada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario