venres, 28 de maio de 2021

LUPO: aprender xogando. Nenoarquitectura para os maiores

Seguro que moitos de vós nunca escoitastes falar de LUPO. Ou si? 

As nosas mestras levan un curso enteiro con isto a voltas, formándose e aprendendo sobre nenoarquitectura e a potencialidade que ten para aprender xogando outras cousas como matemáticas, debuxo, física, arte, historia, música ou deseño. 

Se premedes nesta imaxe poderedes acceder á páxina do Sistema LUPO, e afondar na súa filosofía, coñecer os materiais e acceder ás propostas de actividade. 

Este último mes de xuño teremos a sorte de contar con dous xogos de pezas de "SuperLUPO escuma", que son uns materiais de gran formato que permite a construcción de estructuras complexas de gran tamaño orientadas á o traballo cooperativo.

Acaban de chegar o cole e os maiores tiveron a sorte de ser os primeiros en empregalas. Querédelos ver en acción? Pois abride ven os ollos porque a eles deixáronlles alucinados.






E estes foron os resultados finais!!!
(Preme nas fotos se queres ver máis)

Canta potencialidade ten estas pezas e a de cousas que podemos aprender con elas! 
Cos arelos postos nunha nova sesión de LUPO.

Ningún comentario: