venres, 4 de xuño de 2021

E a toupa decidiu quedar con nós 💗

E de súpeto entrou Xaime correndo na nosa aula cunha carta para nós!!! Acabada de cruzarse no corredor coa mesmísima Chispa e doulle dous sobres, un para @s Rebuldeir@s e outro para os peuqes do cole!


Parece que Chispa estaba disposta a facer maxia! Repetimos o seu conxuro ao unísono: 
Chis, chis, plof, plof!, Chis, chis, plof, plof!, Chis, chis, plof, plof!
e... saímos á carreira cara a horta. 
Sería certo que por fin íamos a atoparnos con Zoupona cara a cara?






Finalmente Zoupona decidiu deixar de buscar á súa familia porque aquí síntese como na casa, rodeada dun montón de amigos e amigas. Chispa convertiuna en estatua para que poidamos vela durante o día, pero ela pediunos un conxuro para seguir sendo toupa pola noite.
 

Benvida Zoupona á túa nova casa! Xa formas parte da nosa familia!

Ningún comentario: