sábado, 16 de outubro de 2021

RCP: Día Europeo da concienciación ante a parada cardíaca.

A Fundación Hipocrática galega e o Colexio Oficial de Médicos da Coruña propuxeron á Consellería de Educación a realización dun adestramento masivo sobre RCP en Ferrol, que foi apoiado polo Concello de Ferrol e coordinado polo CFR.

Onte, ás portas da celebración do Día europeo de concienciación ante a parada cardíaca (16 de outubro), o alumnado de 5º e 6º foi invitado polo CFR de Ferrol á concentración na Praza de Armas para facer unha actividade práctica de RCP con equipos de reanimación e a asistencia de sanitarios do 061, que guiaron a mesma e explicaron a cada parella de alumnas ou alumnos o procedemento de reanimación. Asistimos nove centros públicos de Ferrol, divididos en dúas quendas.





(preme nas fotos se queres acceder ao álbum completo)

A actividade resultou ser unha experiencia moi interesante xa que estamos volcados co noso PDI "esPazODS para a concienciACCIÓN", e este mes estamos traballando xusto sobre o ODS 3: SAÚDE E BENESTAR, polo que esta actividade encaixou ao 100%. Agradecemos ao CFR a oportunidade de participar, así como recoñecemos unha magnífica organización e coordinación. 

MOITAS GRAZAS E QUE SE REPITA!


Ningún comentario: