mércores, 13 de outubro de 2021

Premio, premio!!!

Hoxe celebrouse a entrega de premios da XXI Edición do Certame de Poesía e Imaxe, en galego sen filtro, organizado como cada ano pola Coordenadora de Equipas de Dinamización Lingüística de Ferrolterra e un ano máis tocou achegarse polo Centro Cultural Torrente Ballester para que, desta volta, Darío e Mario puideran recoller os seus premios. 


Por mor dos protocolos COVID foi un acto sinxelo, sen público e sen a exposición tan xenial que facían todos os anos na que se podía saborear cada unha das obras premiadas. Mais desde a organización quixeron compensarnos cunha exposición virtual que permitiranos gozar dela en calquera momento e desde calquera lugar. 

Se premedes na imaxe do cartel deste ano poderedes acceder a este paseo virtual pola exposición.




E xa para rematar, deixámosvos cos dous premiados, dos que estamos orgullosísimos! Parabéns, artistas!!! Bravo!!!

Darío Piñeiro Rodríguez (4 anos)

Mario Paz Grille (9 anos)

Xa sabedes que se queredes ver unhas pouquiñas fotos máis, tedes que pinchar nas fotos, e por se queredes volver os seus debuxos e os poemas que ilustran, poderedes velos aquí.

Ningún comentario: