luns, 1 de novembro de 2021

Samaín 2021

Un ano máis celebramos o Samaín con castañas e cabazas... Chega o outono e con el, os días escuros.

A rapazada fai caveiras coa cortiza das cabazas, seguindo unha antiga tradición dos tempos dos celtas, que tiñan un grande respecto polos mortos. 

Eles xa  poñían unha candea para que, ao escentilar pola noite, puxera medo a quen nos quixera facer mal. Facíano ao chegar os tempos escuros do ano, que ao andar o tempo, foise transformando na festa dos defuntos.

Hoxe en día xa non se practican tales crenzas, mais mantívose un costume derivado destas: tallar caveiras na cortiza das cabazas e alumealas cunha candea no seu interior.

Tamén forma parte da nosas tradicións os colares de zonchos, a santa compaña, os doces de cabaza, ... Samaín non é Halloween


O pasado venres, 29 de outubro organizamos unha intensa xornada chea de actividades. Mantendo sempre os grupos de convivencia estable, fomos cambiando de ubicación para realizar os diferentes obradoiros:

  • Obradoiro de zonchos:

  • Obradoiro de cornetes:

  • Xogos tradicionais e con castañas no patio,


Preme en calquera das fotos para acceder aos albumes completos.

Despois xuntámonos todos no patio, mantendo as distancias iso si, para dar conta das castañas asadas, grazas á colaboración da ANPA e de todas as familias.

Como gozamos coas nosas tradicións. No noso cole, non queremos deixarnos invadir. Celebramos o Samaín, festexamos o noso,  poñemos en valor as nosas tradicións.

Por moitos días así, queremos Samaín!


    Ningún comentario: