venres, 14 de xaneiro de 2022

A CONVIVENCIA É IMPORTANTE PARA NÓS: Charla-obradoiro con ASPERGA.

Hoxe recibimos a visita dunha traballadora de ASPERGA (Asociación Galega de Asperxer) que veu a darnos unha charla de sensibilización sobre as persoas con TEA, co obxectivo de tomar conciencia das necesidades deste colectivo e dos seus dereitos para lograr unha verdadeira inclusión.


Unha charla obradoiro na que puidemos aprender algunha estratexia sinxela de comunicación e socialización para mellorar así a inclusión das persoas con TEA/SA en todos os ámbitos da súa vida, familiar e escolar e a convivencia no centro.
Esta acción enmárcase dentro do PDI #esPazODSparaaconcienciación, vinculado coa Axenda 2030 e o ODS 10: REDUCIÓN DAS DESIGUALDADES.

Ningún comentario: