venres, 25 de febreiro de 2022

Entroidando cos #ODS. Todo un reto!

Xa sabedes que este curso andamos a voltas cos ODS da Axenda 2030 e por iso este ano o Meco trouxo estes mandados tan singulares e que tanto nos fixeron romper a cabeza. Pero o importante non eran os mandados, senon pasalo ben argallando estes divertidos complementos e entroidar, porque vainos moito a festa. 

O Entroido é unha celebración moi tola no que todo está permitido. E como neste mes de febreiro estamos a traballar o ODS 12: PRODUCIÓN E CONSUMO RESPONSABLE, os nosos disfraces podían ser de calquera cousa, pero seguindo a premisa de que fose sustentable. Xa sabedes o das 3R´s, verdade? REDUCE, REUTILIZA E RECICLA.
Pois iso, o disfraz de choqueiro de toda a vida! 
Que se un sombreiro por acá... que se voume facer este complemento cunha caixa de cartón... que isto que ía ir ao lixo vouno poñer aquí... e voilá! Argallamos un disfraz de baixo custo, mínimo impacto ambiental e ademais pasámolo ben construíndoo. Que máis se pode pedir? 

Pois xa postos, imos pedir música, un pequeno desfile, algo de festa... 





Houbo premios para os mellores disfraces e foron concedidos por aclamación popular, non como no "Benidorm Fest", xa que foi o propio alumnado quen decidiu cales tiñan que ser os gañadores.
E foron:
Irene (3 anos), Érica (2ºEP), Emma (3º EP) e Samu (6ºEP)
Menudos artistas!!!
 E de premio... unha escarapela reciclada e improvisada a máis non poder!!!

E por pedir... imos pedir tamén algo saboroso de comer, que o entroido é tempo de lambonadas. E se pode ser, un chocolate quentiño para acompañalas.

Grazas á nosa ANPA molona que como sempre non dubida en botar unha man na organización das merendolas!!!
Olaia, Pipi, Rebe, Andrea e Noelia. Grazas! 
Pero grazas tamén a todas as que colaborastes na sombra e non saídes na foto.

E tocou queimar o Meco, pero o vento concedeulle o indulto. Aínda así, procedimos á lectura do seu testamento e agardamos que o indulto sexa temporal e que a volta poidámolo queimar.



Viva o entroido e vivan os #ODS!!!

Ningún comentario: