mércores, 23 de febreiro de 2022

Lectura e familias: Alfabetización informacional para piratas

Arrrrrggg! Grumetes!!! Vides preparados para vivir unha verdadeira aventura pirata? Pois teredes que poñer en funcionamento as vosas habilidades se queredes descubrir a resposta de todos estes enigmas, nos que unha morea de aplicacións e diversos elementos tecnolóxicos axudaranvos a achar as solucións correctas.

Un obradoiro de alfabetización informacional e de medios para as familias, no que se pon de manifesto que na actualidade a comprensión lectora  vese enriquecida con novos xeitos de ler e escribir que facilitan as TIC e no que entran en xogo diferentes estratexias relacionadas co manexo da información, os medios e a tecnoloxía.



E velaiquí podedes ver como discurriu a tarde. Arrrrrgggg!!!  










E para rematar... Unha foto no croma! 
Por moitas máis tardes así de entretidas!!!


Ningún comentario: