venres, 11 de febreiro de 2022

Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

Onte, xoves 10 de febreiro a Concellería de Muller e Igualdade do Concello de Ferrol realizou catro sesións de contacontos dirixidos a catro centros educativos da cidade co gallo do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia. E nós tivemos a sorte de ser un deses centros.

O contacontos elixido, interpretado polo coñecido actor Pedro Brandariz,  está centrado na figura de Ángela Ruiz Robles, leonesa de nacemento e ferrolá de adopción que entroutras cousas inventou o libro mecánico, precursor do e-book. E que ademáis, no noso cole sabemos ben dela xa que foi mestra aquí mesmiño, na escola de nenas de Mandiá.
(preme nas fotos a continuación se queres ver máis)

E xa para rematar, se queres saber un pouco máis sobre Ángela Ruiz Robles, podes ver esta curtametraxe sobre o seu invento máis sonado: o libro mecánico, precursor do libro electrónico.


Por moitas máis Ángelas, mulleres capaces de rachar cos estereotipos e por moitas escolas que fagan posible a igualdade de oportunidades entre os xéneros.

Pero... que é unha científica? Pois se premes nesta imaxe poderás acceder a unha pequena historia en banda deseñada na que descubrirás cales son as cualidades dunha verdadeira científica.
 

É unha iniciativa do programa "Las chicas son de ciencias (CSIC4girls)" que ten como obxectivo espertar vocacións científicas entre estudiantes de primaria. Se tes entre 6 e 12 anos terás a oportunidade de entrar en contacto coa cultura científica e de explorar e experimentar coa ciencia e a tecnoloxía do medio ambiente.

A través desta iniciativa, o CSIC quere impulsar o talento feminino e as vocacións científicas e tecnológicas, dándolles visibilidade e alentando nas nenas a confianza nas suás habilidades.

CSIC4girls ofrece obradoiros científicos online impartidos por científic@s del CSIC. Son obradoiros interactivos onde podes participar desde a túa propia casa. Ademáis, CSIC4girls tamén ofrece obradoiros específicos para nais e pais sobre o uso responsable da tecnoloxía (móviles, redes sociais, etc.), entre outros temas.

Que viva a ciencia en feminino!

Ningún comentario: