Aínda que faltan uns días para o 17 de maio, data na que se publicou por vez primeira Cantares Galegos de Rosalía de Castro, hoxe tocou celebrar as Letras Galegas adicadas a Florencio Delgado Gurriarán.
Ao longo da semana estivemos traballando nas aulas sobre a vida e a obra do homenaxeado, elaborando as páxinas do libro colectivo que facemos cada ano, pero hoxe tocaba celebralo dun xeito especial.Na primeira parte da mañá puidemos aprender un chisquiño máis sobre a vida do poeta homenaxeado este ano grazas a Paula Regueiro de Trémola Teatro, cunha entretidísima sesión de contacontos teatralizado na que coñecimos algúns dos seus poemas a través dunha viaxe sobre as costumes e feitos doutras épocas, achegándonos así ás nosas tradicións.Estivemos superatentos, estaba isto para non perder detalle, pero é que ademáis de aprender un montón de curiosidades sobre Florencio Delgado Gurriarán, pasámolo moi ben e iso notábase nas nosas caras. Ao rematar, ademáis, puidemos falar con Paula Regueiro, e observar moi de preto todo o atrezzo que empregou neste contacontos tan especial.
Como sempre, se premedes en calquera destas fotos, podedes acceder ao álbum completo.
Que vivan as Letras Galegas!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario