Despedimos o Lectura e Familias deste curso para os grupos de 3º a 6º de Primaria cun obradoiro de ALFIN/AMI en forma de "escape room" no que a través de marcadores de realidade aumentada tiveron que resolver un montón de enigmas para achar a clave que lles permitiría sair do cole.
A realidade aumentada (AR) caracterízase por ser un proceso no que se aprende facendo e á vez, plantexa distintos camiños para a resolución de problemas. Dentro do sistema educativo ten efectos moi positivos na aprendizaxe. É unha experiencia motivadora que mellora o rendemento do alumnado xa que inclúe actividades exploratorias, que animan ao descubrimento contínuo e a preguntarse que hai detrás, ademais de implicar actividades motrices e de desprazamento.
E todo isto lógrase a través dunha actividade voluntaria, agradable, cunha finalidade concreta e coa que se pode adquirir unha nova linguaxe, conceptos e habilidades desde a liberdade do alumno para elixir "cándo e o que aprende". Posibilita a autoavaliación en base á retroalimentación da aplicación empregada e ao sentimento de competencia a lograr os obxectivos de cada paso.
Que marabilla ver ás familias traballando xuntas!
O "Lectura e familias" veu para quedar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario