xoves, 5 de maio de 2022

Un obradoiro STEAM para o Lectura e Familias dos máis peques


Cando falamos de STEAM, falamos dunha metodoloxía activa que forma parte das dinámicas de biblioteca desde que os centros escolares foron incorporando eses recantos argalleiros - ou zonas "maker" - nas súas bibliotecas, facendo delas un centro de recursos, pero tamén un centro creativo da aprendizaxe.

Desde infantil ata niveis superiores, as gamificacións,  a Aprendizaxe Baseado en Proxectos, a Aprendizaxe Baseado en Problemas, o Traballo Cooperativo ou o pulo de materias como a Robótica ou Programación... todas elas permiten por en práctica un ensino empírico a través do traballo por proxectos, o xogo ou as habilidades relacionadas coa lóxica, a resolución de problemas ou a toma de decisións. Trátase dunha metodoloxía (IBSE - Inquired Based Science Education) baseada, polo tanto, na importancia do proceso de indagación e que é fundamental nos procesos de alfabetización informacional e de medios.

A proposta da tarde de hoxe consistiu na realización dunha serie de experimentos nas que se poñen en práctica diversos principios científicos sobre os que reflexionar para ir establecendo hipóteses das leis que os rixen: tensión superficial, diferenza de densidades, forza centrípeta, circuítos eléctricos, conductividade, principio de sustentación...

Unha tarde máxica chea de experiencias compartidas en familia.









- Porque ler ciencia na biblio tórnase fundamental -

Que viva o Lectura e Familias do cole de Pazos!!!

Ningún comentario: