luns, 13 de xuño de 2022

Día da bicicleta 2022

Preme nesta imaxe para acceder ao album completo de fotografías.


O pasado día 3 de xuño foi o Día Mundial da Bicicleta e os maiores tiñan prevista unha marcha ciclista pola costa para ese día. Mais a climatoloxía fixo que tiveramos que adiala ata hoxe, 13 de xuño.

Isto permitiunos programar outras actividades para os que quedamos no cole, e así tivemos unha charla de educación vial adaptada aos distintos niveis educativos da man de STOP accidentes.


E mentras os maiores tiñan que darlle ao pedal en Doniños, algúns de nós aproveitamos para dar un paseo polo piñeiral recollendo o lixo que atopábamos ao noso paso. Pero non só atopamos lixo, senon que decubrimos cousas marabillosas: desde unha cabana-refuxio ata unha estrela de mar. 


E aquí tedes aos maiores en acción!

Preme nesta imaxe para acceder ao album completo de fotografías.

E os peques? Os peques do cole tamén tiveron o seu día sobre rodas. E por aquí vos deixamos un vídeo como proba!


Empregrando a bici como medio de transporte alternativo ao coche, estaremos reducindo a nosa pegada de carbono. Así que xa sabedes, todos a pedalear!
Porque un pequeno xesto pode contribuir a facer un mundo mellor.
#espazODSparaaconcienciACCIÓN

Ningún comentario: