Un venres máis tivemos sesión de ioga na escola grazas a Lali. Desta volta comezaron os maiores no interior e rematamos cos pequenos, para que puideran gozar eles tamén de facer ioga ao aire libre. É que vivir en Galicia é o que ten, que polas mañás cedo a herba está aínda mollada do frío da noite e hai que esperar a que quenza un pouquichiño o sol.
Por aquí vos deixamos unhas fotos da sesión de hoxe, e se premedes en calquera delas accededes ao álbum completo.
#espazODSparaaconcienciACCIÓN
Ningún comentario:
Publicar un comentario