xoves, 22 de decembro de 2022

Historia dunha reconversión - o musical

E chegou o día! Un trimestre enteiro de traballo no que fomos avanzando ata concluir, este xoves, na representación desta obra de teatro musical baseada no filme Billy Elliot, pero co trasfondo da loita obreira e as folgas dos 80 en Ferrolterra por mor da reconversión do naval, que demos en chamar "Historia dunha reconversión".

Trátase do produto final do Proxecto Documental Integrado que aúna o proxecto da Biblioteca Escolar e o de Polos Creativos, e no que o alumnado, desde os máis pequenos de infantil ata os maiores de primaria, son os verdadeiros protagonistas. Un gran traballo no que adaptaron letras, elaboráronse decorados, grabáronse algunhas partes en vídeo, ademais de preparar as partes de teatralizadas - coa profe Sandra - e as cancións e os bailes - coa profe Kelly - que se desenvolveron durante a representación. 

Os que estivestes presentes puidestes gozar en directo da emoción vivida no escenario. Da ilusión só poden sair cousas bonitas. E como unha imaxe vale máis que mil palabras, deixámosvos con algunhas das marabillosas fotos que sacou Rebeca del Río, de Mirada de Madrina, a pesar do difícil que llo poñemos coa iluminación. Mil e unha veces, grazas!!!


















Bravo!!! Foi un espectáculo difícil de olvidar.

Máis aló da representación, pretendíamos que o noso traballo tivera tamén repercusión a nivel social, polo que aproveitouse para levar a cabo unha recollida de alimentos solidaria en favor do Banco de Alimentos Rías Altas, para axudar ás familias máis desfavorecidas da nosa comarca.



O noso agradecemento a todas as persoas que o fixeron posible: nenos e nenas, familias, veciñanza... E especialmente a:

  • Elga Fernández Lamas, pola cesión dos dereitos de autor das imaxes empregadas.
  • Á produtora audiovisual Nós e a Marcelo Rodríguez Serantes, pola cesión das imaxes do vídeo de introdución.
  • Á Asociación de Veciños de Pazos, por prestarnos o local para os ensaios e a actuación.
  • Ao Banco de Alimentos Rías Altas, polo seu labor social na comarca. 
  • A Rebeca del Río, nai de Érica e Iago, fotógrafa en Mirada de Madrina, polas increíbles fotos que nos fai sempre. 
  • E á nosa ANPA, que organizou unha chocolatada para todas as persoas que formamos parte da familia de Pazos.

Aquí vos deixamos o acceso á galería das fotografías 
e ao álbum cos mellores vídeos que nos fixestes chegar. 
Grazas!

Nesta foto tedes acceso ao libreto en formato dixital.

Felices Festas e Próspero Aninovo
a toda a nosa Comunidade Educativa!




2 comentarios:

Chispa dixo...

Fanse eco na Voz de Galicia:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/2022/12/23/version-ferrolana-billy-elliot/0003_202212F23C2998.htm?

Chispa dixo...

E tamén no Diario de Ferrol:
https://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/historia-dunha-reconversion-obra-teatro-musical-sello-colegio-pazos-4118091