xoves, 2 de febreiro de 2023

Equipo Biblio, fundamentais na nosa Biblioteca

O equipo de colaboradores da Biblio xoga un papel fundamental no día a día da Biblioteca, xa que realizan un sen fin de tarefas de apoio á xestión e dinamización da sala que sen eles sería moito máis complicada para o profesorado.

Aquí temos a Siney encargándose da devolución dun lote de libros dun grupo dos pequenos de infantil.

Aquí está Celine axudando a unha compañeira máis pequena a seguir as instrucións para o emprego da máquina de chapas no Recanto Argalleiro da biblio.

E aquí temos a Aroa e a Mario colocando as etiquetas dun lote de libros recén catalogados para incorporalos ao fondo bibliográfico.


Aquí Aroa de novo, facendo o empréstito a dous compañeiros de 3º de Primaria durante o recreo.


Grazas, rapazada. Sen vós isto sería moito máis difícil!

Ningún comentario: