luns, 13 de marzo de 2023

Teatro no Lectura e Familias, grazas a Manel Dopico


Unha tarde entretida a de hoxe no Lectura e Familias en torno ao teatro. Como xa vos anunciabamos hai uns días, tivemos a visita de Manel Dopico, o pai de Manu e Aroa. 
Coa súa axuda quixemos transmitirlle ás familias que ler teatro e facer teatro pode ser unha forma de ocio estimulante e atractiva para todas as idades.




Así que hoxe xuntámonos un grupiño de familias e profes e fixemos unha interesante sesión de teatro repartíndonos os papeis dunha obra de Fernando González Graña, O máxico e tolo Camiño de Compostela, de Edicións Fervenza.


Un pesimista e un optimista enredados con moitos outros personaxes que veñen e van en diferentes escenas. Queredes coñecela de primeira man?

Pasámolo moi ben e a experiencia invitounos a darlle unha volta a esta tarde e pensar se isto podería ter unha continuidade. Para comezar, este mércores convocamos unha nova xuntanza para todos e todas aqueles que se queiran embarcar no proxecto de montar esta pequena obra para fin de curso.






Daranos tempo? Xa temos a obra, xa temos algúns actores, algunhas actrices… e director de escena!! Quen máis se apunta?


Grazas Manel por embarcarnos nesta aventura!

Ningún comentario: