E seguimos co voluntariado de lectura do Equipo de Biblioteca, que xa se están convertindo nuns expertos contadores. Desta volta Celine e Óscar contaron "A cabra boba", do xenial Pep Bruno, editado en galego por OQO.
Unha particular historia que narra a realidade vivida na infancia polo propio autor en forma de conto, no que ao caer da tarde os nenos e nenas volvían da escola coas cabezas cheas co que aprenderan e as cabras regresaban aos seus curros fartas de herba.
E para rematar... unha foto para o recordo. Grazas pola contada!
Ningún comentario:
Publicar un comentario