martes, 2 de maio de 2023

E hoxe vai de premios! Poesía e Imaxe XXIII

Hoxe foi a entrega de premios dos gañadores do XXIII Certame de Poesía e Imaxe, "En galego, sen filtro" organizado pola Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra, no que resultaron premiadas:

Loaira Cortizas Fojo e Sofía Vilela Álvarez, na categoría de Educación Infantil, co poema: 

São duas crianças lindas
Mas são muito diferentes!
Uma é toda desdentada,
A outra é cheia de dentes...

Uma gosta de gelado
A outra gosta de quentes.
Uma tem cabelos longos,
A outra corta eles rentes.

Não queira que sejam iguais,
Aliás, nem mesmo tentes!
São duas crianças lindas,
Mas são muito diferentes!

Ruth Rocha



Preme nesta foto para acceder a todas as imaxes.

Emma Regueiro Cambeiro, na categoría de 1º a 3º de Educación Primaria, co poema popular en lingua chinesa:


Todos os paxaros levantaron o voo e marcharon;
unha única nube flota amodiño diante
Nosoutros nunca nos cansamos de mirarnos
só a montaña e eu.




Ou tamén podes premer nesta, para acceder ao álbum.

E @s Rebuldeir@s de Pazos, na categoría audiovisual, co poema en lingua galega:

Mira os avós.
Antes eran máis grandes,
máis altos,
máis anchos...
pero devecen coma as follas sen zume.(...)

Os avós envellecen devagar,
pero ninguén pode arrincarlles o sorriso,
porque gardan
o segredo do futuro,
máis alá dos seus ollos pequenos.

Ana María Fernández






Ou nesta última tamén.

Parabéns a todas elas e todos eles polos seus magníficos traballos! 
Bravo, bravísimo.

Que veñan mil primaveras máis para a nosa língua!

Ningún comentario: