venres, 2 de xuño de 2023

Premios do I Concurso de portadas

Nesta imaxe, do libro de Xoán Farias "Galego. Á beira do mar" tedes o acceso ao álbum de todas as fotografías presentadas ao concurso.

E rematamos esta intensa semana co sorteo realizado para elixir aos gañadores do I Concurso de Portadas, con dúas categorías de participación: 

  • Mergúllate na portada, na que xogar a que a portada do libro escollido tiña que formar parte da imaxe, e
  • Portadas recreadas, na que a fotografía realizada tiña que ser unha recreación da portada do libro escollido.


Se premes nestas imaxes, poderás ver en formato libro todas as fotografías presentadas ao concurso en cada unha das categorías.

A verdade é que a calidade das fotografías presentadas foi enorme e fíxosenos imposible escoller. Así que en vez de votar pola "mellor", preferimos botalo a sortes. 
O premio para cada unha das categorías consistiu nun vale de 20€ para gastalo na nosa libraría de referencia, que non podían ser outra que Cantón4. E para todos os participantes, houbo tamén un pequeno agasallo. Iker fixo de man inocente, por ser o máis pequeno do cole.  

Sorteo na categoría de "Portadas recreadas"
Gañador: Mateo Lorenzo López

Sorteo da categoría de "Mergúllate na portada"
Gañadora: Violeta López Casteleiro

E estes son os vales que levaron para casa e que poderán canxear na libraría a partir de hoxe.
E nesta última fotografía tedes o álbum do momento no que se fixo o sorteo.

Parabéns aos gañadores e a todos os que participastes e aos que non, xa sabedes... o ano que vén, máis e mellor.

Ningún comentario: