Adriano, Manu, Xoel, Roi, Julen, Emma,
Uxía, Irene, Erik e Leo.
Eles son o novo Equipo Biblio para este curso.
Hoxe asinaron os seus compromisos con "Chispa" e recibiron a primeira formación de usuarios sobre catalogación e ordenación de fondos.


Recibiron os seus distintivos de voluntarios da Biblioteca e un agasallo moi especial: un lapis co nome da nosa biblio e unha libreta con información sobre as Bibliotecas Escolares Galegas. Nelas, ademais de informarse dos programas da Asesoría de Bibliotecas Escolares poderán anotar todo o que eles queiran e que non se lles escape ningún detalle.
A partir de agora formades parte do Equipo Biblio!
Benvidas e benvidos.
A biblio Xoán Farias é a vosa segunda casa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario