Os días 13, 14 e 15 de decembro, o noso alumnado de Primaria desprazouse ata o Porto de Ferrol, xunto outros escolares da comarca, onde tivo lugar o IV Festival Escolar do Camiño Inglés, promovido pola FEANPA de Ferrolterra.
Alí puideron gozar co espectáculo Teatro do Camiño Inglés, que a través da luz, o son, o teatro, a mímica e a maxia, fai un percorrido polos principais recursos turísticos, materiais e inmateriais de Ferrol: patrimonio cultural e natural, artesanía, costumes, gastronomía, festas de interese, etc.
Preme nesta imaxe para acceder ao álbum coas fotografías destes días.
Tralo espectáculo, percorreron un tramo do Camiño Inglés: a Primeira Milla, entre o Peirao de Curuxeiras e a Ermida das Angustias, contou cuns peregríns moi especiais que, en lugares concretos do trazado, contáronnos unha bonita historia relacionada co Camiño.
Pasámolo xenial e aprendimos un montón sobre a nosa cidade!
Ningún comentario:
Publicar un comentario