martes, 5 de decembro de 2023

Reto STEAM: estreliñas de barro para o Nadal

E despois de moitas voltas e demoras,  conseguimos - ao fin! - arranxar o noso forno de cerámica. Así que decidimos darlle unha estrea por todo o alto preparando un obradoiro de arxila para todo o cole! 

E claro, como estamos xa tan preto do Nadal, decantámonos por facer unhas fermosas estreliñas de barro para pendurar, primeiro na nosa árbore na escola e logo, nas das vosas casas!

Pero para iso, temos un reto por diante, que é o de facerlle fronte a este texto instrutivo:

1) Amasar,

2) Alisar,

3) Modelar,

4) Decorar, e 

5) Seixar secar par enfornar!


Por aquí tedes algunhas fotiños do proceso. Foron uns días intensos, pero o resultado compensa o esforzo. 

Preme nesta foto para acceder ao álbum.





A que quedaron preciosas???

Ningún comentario: