luns, 19 de febreiro de 2024

Arrinca o Lectura e Familias con Ánxela Loureiro

E nada máis e nada menos que con Ánxela Loureiro, mestra e escritora ferrolá, quen nos ven propoñer un obradoiro de xogos tradicionais cantados en galego coa esperanza de recuperalos e que enchan as rúas e os patios das escolas de novo. Non o podedes perder!

E aínda que non é necesario anotarse, facéndoo axudádesnos a organizarnos mellor en canto o aforo. Así que xa sabedes, cubride o formulario premendo na imaxe a continuación, indicando quen e cantos sodes. 

Grazas por colaborar!

Ningún comentario: