mércores, 13 de marzo de 2024

Ler con... D: Manu conta "A cousa que máis doe no mundo"

E de novo Manu animouse a ler para nós, os peques do cole, o conto de Paco Livan "A cousa que máis doe no mundo",  ilustrado por Roger Olmos Pastor e publicado pola editorial OQO, no que unha lebre moi sabichona dalle á hiena unha contundente lección.

Preme nesta imaxe para ver máis fotos.

E claro... estivemos moi intrigados con todo este asunto daquel pastel de c... na porta do castelo do Rei. Era de cacahuete?... Era de caramelo?... ehem... pois vai ser que cheiraba algo peor. 


Ao principio pasounos como á hiena, que non entendíamos moi ben iso de que 'a mentira" puidera doer tanto... Ao fin, comprendimos que é importantísimo ter moito coidado co que dicimos sobre os demais, pois 'a mentira' pode facer moi mal. E se non, preguntádello á hiena...

Queredes ver de novo o conto? Pois aquí o tedes en versión "monicreques".

Grazas Manu pola contada!

Ningún comentario: