Na xornada de hoxe o foco foi coidar a terra. Cómo? Protexéndoa.
Apañamos a herba que o xardiñeiro cortou e apañamos tamén a última colleita de allo perenne e arrincamos as herbas que non nos interesan entre os amorodos dos bancais. Con todos estes materiais tapamos cunha boa capa un bancal e medio.
|
Limpamos e tapamos con herba os macizos dos neumáticos e xuntamos caracois enriba de todas as plantas que arrincamos a ver se as papan.
E sementamos chícharos, rábanos, albicias, patacas, condueldas, espinafres de Nova Zelanda e algunha dalia. Xa vedes que non paramos en toda a mañá!
Desta volta Pablo "Péibol" deixounos deberes:
- Sementar en maceta ou na mesa de cultivo o que nos apeteza.
- Xuntar paus e follas para as borduras.
- Regar un par de veces á semana, se non chove.
- Falar co xardiñeiro para que corte a herba con cesto e non a escape libre, que xa levamos nós a herba a onde a precisamos.
- Preguntar na casa que se sementaba en maio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario