E para celebrar as nosas letras achegáronse ata o cole Irati, nai de Itsaso e Eume e Óscar, pai de Loaira e Artai, xunto cun amigo seu para facernos unha pequena foliada con ritmos de muiñeira e xota, dos que estes días previos estivemos a aprender uns puntiños nas aulas de música.
Rematamos, por supostísimo, cantando o noso himno. E aquí nos tedes en acción! Grazas Mary polo vídeo!
E moitas grazas familias por compartir o voso tempo connosco!
Que vivan as Letras Galegas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario