xoves, 2 de maio de 2024

Preparando os Maios

Hoxe, desde ben cedo, estivemos moi atarefadas colocando fiuncho, xestas, flores silvestres, laranxas e limóns para facer os nosos maios, recuperando así a tradición de festexar o inicio da primavera a través da exaltación da natureza.

Grazas ás nosas familias que colaboraron traendo herbas e flores, enchendo de olores e de cores a escola desde primeira hora da mañá. Mágoa que o día non axudou moito e tivemos que facelo no interior.






E para os que non puidestes velos, así de fermosos quedaron!  


Xa estamos preparados para celebrar o maio!

Ningún comentario: